O 12 de maio de 2021 cumpríronse cen anos do pasamento en Madrid de Emilia Pardo Bazán. A Real Academia Galega, titular da "Casa-Museo Emilia Pardo Bazán", como herdeira, por legado testamentario de Blanca Quiroga Pardo-Bazán, da casa da escritora co seu mobiliario e obxectos, así como da biblioteca e o arquivo, que se custodian na súa sede de Tabernas, 11, quere sumarse aos actos que en Galicia conmemorarán ese centenario, organizando un Congreso Internacional "Emilia Pardo Bazán, 100 anos despois", continuación dos Simposios e Congresos que, promovidos pola RAG, tiveron lugar en A Coruña en 2004, 2005, 2006, 2007 e 2008.