Samuel Chao Chung Ting, físico chino con nacionalidade estadounidense, comeza a súa conferencia disculpándose por non falar castelán. Fai un repaso á educación que recibiu e a súa relación coa física. Menciona a un grupo de científicos españois cos que traballou, entre os que se atopaba o padriño bernardo Adeva. Xa metido en materia comeza facendo un resumo da estructura que conforma a Estación Espacial Internacional. O experimento que alí se está levando a cabo e o que controla a AMS. Axudándose de imaxes e esquemas fai un repaso da evolución do experimento, do traballo co colisionador positrón-electrón. Continuamente fai referencia á colaboración dos científicos españois. Adentrándose nos resultados e evolucións dos esxperimentos realizados explica o funcionamento e características das distintas partículas e elementos utilizados. Fala tamén do AMS e dos países colaboradores brevemente. No ecuador da conferencia comeza a detallar como se traballa no espacio exterior dende o despegue ata o trabalo dentro da estación. Tratar con antimateria non é sinxelo e Samuel Ting trata de explicar como funcionan as distintas experiencias acometidas dentro da Estación Espacial Internacional. Tamén se arrisca a falar do tempo que debe pasar antes de ter resultados fiables e completos (8 anos). Remata a súa intervención facendo un repaso os decubrimentos da física no camiño que siguen as súas investigacións.