O padriño toma a palabra para solicitar ó reitor a concesión de doutor honoris causa a Torrente Ballester. Faino en latín. Gonzalo Torrente Ballester elabora o seu discurso sobre a idea do retorno, da vida traspasada e o seu camiño cara as orixes de ese mesmo camiñar. Fala do orgullo de sentirse valorado na casa propia. Recorda tamén os nomes dalgúns persoeiros de relevancia na súa traxectoria vital e profesional. Compañeiros e maestros mistúranse nas súas verbas para facer un repaso a súa propia historia. Fai mención con entusiasmo á constante referencia nas súas obras á terra galega; convertíndoo, o seu parecer, no escritor que máis narrativa referente ao noso país ten construído.