O reitor da USC, Ramón Villares Paz fala do carácter especial desta apertura de curso por ser a primeira en reunir ás tres universidades galegas para celebrar esta data inauguradora. Fala da supresión da lectura da memoria anual da universidade dentro deste acto e fai loubanza da figura e do discurso de Manuel Sánchez Salorio e reflexiona sobre os contidos deste. O resto do manifesto do reitor trata sobre a realidade universitaria galega actual e futura. O acto finaliza co Gaudeamus Igitur e a saída da comitiva oficial do acto.