A moderadora da mesa, Mercedes Brea López, fai a presentación dos temas a tratar e dos portagonistas da mesma. O primeiro en expoñer o seu coñecemento é Nuccio Ordine cunha conferencia titulada "A utilidade do coñecemento inútil". O filósofo italiano comeza falando da súa experiencia cos alumnos universitarios e do espíritu imperante e o ideal do ensino superior. Critica o utilitarismo que invade todos os ámbitos da nosa vida e a partir de aquí fai unha análise profunda sobre o sistema educativo en Europa e da falta de valores no mundo do coñecemento, a ruptura coa imaxinación e a visión artística.