Homenaxe a Rosario Álvarez Blanco, Francisco Fernández Rei e Manuel González González
A vixésimo primeira edición do Simposio do ILG coincide cronoloxicamente cos 50 anos da súa fundación, en maio de 1971. Por tal motivo e de forma excepcional, como pide a ocasión, ten carácter conmemorativo antes que temático e a el súmase a vontade do ILG de homenaxear nesta ocasión tan especial a tres dos seus máis insignes investigadores, que comezaron a súa andaina na institución nesa década fundacional e que continúan plenamente activos na actualidade: Rosario Álvarez Blanco, Francisco Fernández Rei e Manuel González González.
O criterio dunha liña temática concreta susbtituíuse desta vez polo dunha composición propositada do programa de conferenciantes no que acompañan aos homenaxeados, como núcleo do evento, unha representación dos investigadores novos do ILG, investigadores destacados das tres universidades galegas e investigadores estranxeiros de longa traxectoria de colaboración co Instituto da Lingua Galega
Productora: SERVIMAV. Servizo de Medios Audiovisuais
Universidade de Santiago de Compostela
López Díaz, Antonio
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
Boullón Agrelo, Ana
Presentadora, Universidade de Santiago de Compostela
Álvarez Blanco, Rosario
Presidenta do Consello da Cultura Galega
Fernández Rei, Francisco
Profesor e membro do ILG, Universidade de Santiago de Compostela
González González, Manuel
Instituto da Lingua Galega, Universidade de Santiago de Compostela
Regueira Fernández, Xosé Luís
Director do Instituto da Lingua Galega, Universidade de Santiago de Compostela
Feijó Torres, Elias
Decano da Facultade de Filoloxía, Universidade de Santiago de Compostela