Colexio de Fonseca. 20 de outubro 2022 - 28 de xaneiro 2023
A exposición "A Minerva Compostelá no seu pasado", é unha mostra que recupera parte da historia da institución a través da representación artística das figuras que marcaron a súa evolución, dos espazos que seguen, en certo modo, presentes na actualidade e das creacións artísticas que abeiraron ao longo dos tempos.
A mostra dá continuidade á precedente "A Minerva Compostelá. As súas glorias", que se exhibíu no Colexio de Fonseca de outubro de 2021 a xaneiro do presente ano e ambas as dúas proxéctanse como complemento ao Museo Virtual da USC na visibilización do seu patrimonio artístico.
Comisariada polo profesor emérito José Manuel García Iglesias, distribúese no Salón do Artesoado, a Capela e a Sancristía do Colexio e poderá ser visitada ata o 28 de xaneiro de 2023.
Productora: SERVIMAV. Servizo de Medios Audiovisuais
Universidade de Santiago de Compostela
García Iglesias, José Manuel
Catedrático da USC. Comisario da exposición, Universidade de Santiago de Compostela
Casal Reyes, Mabela
Directora Biblioteca Universitaria, Universidade de Santiago de Compostela
Domínguez Pallas, Desirée
Directora do Arquivo Histórico, Universidade de Santiago de Compostela
Pérez Varela, Ana
Profesora de Historia da Arte da USC, Universidade de Santiago de Compostela
Chao Castro, David
Profesor de Historia da Arte da USC, Universidade de Santiago de Compostela