O Presidente de Arxentina, Raúl Alfonsín, chega en avión a Santiago para ser investido como Doutor Honoris Causa en Dereito pola Universidade de Santiago. No aeroporto de Labacolla é recibido por González Laxe, Presidente da Xunta, e por Domingo García, delegado do goberno en Galicia, entre outros. Xa no Pazo de Fonseca, o Presidente de Arxentina saúda os membros do claustro universitario.