O representante dos profesores, o director do IES Sánchez Cantón de Pontevedra, Rafael Taboas Pastor, comeza falando da emoción e do sentimento de agradecemento de atoparse representando neste acto a todos os profesores. Fai especial mención ao feito de vivir a experiencia e aprender dela, de viaxar, de compartir, de esforzarse e de abrir a mente a todas as formas de ver a vida. Remata felicitando a todos os premiados.
Productora: SERVIMAV. Servizo de Medios Audiovisuais