A profesora María Rosa Mosquera Losada lembra que é a primeira investidura como Honoris Causa na área de Tecnoloxía que concede a USC, e máis concretamente dentro da Agroforestería, que é a técnica que integra o saber das ciencias técnicas agrícolas e forestais. No seu discurso, a profesora Rosa Mosquera destaca as contribucións do doutor P.K. Nair, considerado a nivel internacional pai da Agroforestería, e continúa co percorrido curricular e profesional do doutorando. Finaliza o seu discurso de gabanza lembrando como contactaron co doctor P.K. Nair, e o que a súa colaboración significou para o grupo de investigación no que participa.