Toma a palabra o reitor Dario Villanueva Prieto, e comeza falando da relación entre a cidade de Compostela e a súa universidade, e do enriquecemento que supón o atraer a mentes ilustres aos nosos centros de educación superior, como é o caso de John B. Goodenough. A continuación o coro da USC interpreta o Gaudeamus Igitur, e péchase o acto coa saída da comitiva académica.