Na súa laudatio, Manuel Barbeito, afirma que estar aquí, na investidura de Terry Eagleton, require percorrer a historia desta Universidade, a historia da Teoría e Crítica Literaria, a historia persoal de Eagleton. Se Eagleton merece a honra que esta Universidade lle fai é pola axuda que nos presta neste percorrido; e neste marco a memoria xoga un papel decisivo que na companía de Eagleton lembrase practicando unha política da memoria que persigue a emancipación. O Padriño do acto remata afirmando que a agudeza das análises de Eagleton débese ó marco teórico no que se move.