O reitor da USC, Carlos Pajares Vales, toma a palabra para falar do valor que supón para a institución compostelana que tan ilustre matemático pase a formar parte da súa historia, e da estreita colaboración que durante anos mantivo cos colegas da nosa universidade. A investigación científica e o seu asentamento nas aulas universitarias é un paso fundamental nos últimos anos para transformar cara o futuro a educación superior. A dialéctica da matemática co mundo real é esencial e o profesor Lions amósase como un referente neste eido. Remata o acto coa interpretación do coro da USC de varias pezas, e coa salida do comité oficial do Salón Nobre do Pazo de Fonseca.