• Inicio
  •  »  USC TV - MEDIATECA
  •  »  Todos
  •  »  Homenaxe a Santiago Álvarez.
  •  »  Intervención de Xerardo Estévez e música.

Intervención de Xerardo Estévez e música.

Data de celebración: 07/02/1997
Visto: 4095 veces

Tras tres actuacións iniciais dos distintos artistas que están presentes nesta homenaxe, o presidente do Partido Comunista de Galicia, Manuel Peña Rey, fai o discurso inicial deste acto. Un discurso emotivo e no que fai os agradecementos pertinentes pola posibilidade de ter feito este esta homenaxe. Tras unha nova actuación de Manuela, toma a palabra o alcalde Xerardo Estévez, cun discurso baseado no concepto de solidaridade e na que realza a figura moral e humana do homenaxeado. Nova actuación da Coral Máximo Gorki. Algúns persoeiros da política e da vida cultural e social falan sobre Santiago Álvarez e da relación que os uníu e dos méritos que acadou. Nova actuación de Uxía e Cuchús Pimentel. Tras a lectura dunha emotiva carta por parte da presentadora, o sociolingüista Xesús Alnoso Montero fai un discurso cargado de historia e sentimentos, de lembranzas e de esperanzas dirixido a Santiago e á súa familia e compañeiros de fatigas. Tras as verbas de Alonso Monero unha nova actuación, tanto de Manuela como da Coral Máximo Gorki, o historiador Victor Santidrián fai unha homenaxe final en nome de Isaac Díaz Pardo na que a referencia principal é a revista "Nueva Galicia". Faille entrega dun agasallo ante a ovación do público. Santiago Álvarez fai un sentido agradecemento a todos os asistentes e fala de perseverar na súa mentalidade e integridade e alenta a todos os que están preto da súa ideoloxía a continuar a loita. Cuarta intervención da Coral Máximo Gorki e peche.

Productora: SERVIMAV. Servizo de Medios Audiovisuais
Universidade de Santiago de Compostela
Estévez Fernández, Xerardo
Alcalde do Concello de Santiago de Compostela
Investidura Doctores Honoris...
Data Evento:
06/02/2024
[+]
Festividade de San Tomé...
Data Evento:
30/01/2024
[+]
Acto de entrega das Insignias...
Data Evento:
22/01/2024
[+]
Programa ConCiencia 2023. David...
Data Evento:
21/12/2023
[+]
Exposicións na USC
Data Evento:
08/11/2023
[+]
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contacto
Powered by PumuKIT PRO V 1.70 license