O presidente da RAGC volve a tomar a palabra para facer recordo de porqué un persoeiro como Federico Mayor Zaragoza merece ter este recoñecemento, e da importancia que supón abrazar a un científico deste nivel no seo da RAGC. Ten un agarimoso recordo para o profesor Parga Pondal e con el dalle unha volta aos inicios da ciencia moderna en Galicia, historia coa que el tivo un contacto directo. Fai a continuación loa da personalidade e do facer profesional do bioquímico catalán.