Mesa presentada por Antoon Boets. Tayeb Chentouf toma en primeiro lugar a palabra para falar das relixións, das sociedades e das relacións entre éstas e de como deben ser transmitidas. Patrick Wilkinson continúa co tema da confrontación entre modelos sociais e modelos relixiosos, e sinala algúns conflictos que aparecen a través de éstos. César González Mínguez fala sobre as realidades nacionais, sobre a realidade concreta do estado español, e do proceso de transformación necesario para axustar e acomodar as distintas identidades en conflicto. Para abrir o tema da memoria histórica activa Josefina Cuesta realiza un exercicio de análise das comisións da memoria e da historia do presente. Emilio Silva Barrera trae á mesa un intenso discurso sobre a transición democrática española e sobre a memoria a recuperar sobre os actos franquistas tapados pola amnistía acordada no período de transformación social. O presidente da mesa, Antoon De Baets, toma o turno de palabra para desenvolver a súa conferencia sobre a obriga ou deber de recuperar a memoria e a historia para corresponder e brindar á sociedade coa verdade histórica necesaria para continuar o camiño da humanidade. Justino Magalhaes, que tiña o seuturno de intervención na xornada do día anterior, expón aquí o seu discurso sobre o lugar da educación dentro das transformacións sociais actuais. Elena Zapponi fai unha análise da fé relixiosa a través do Camiño de Santiago e dos peregrinos que o percorren. Debate.