Universidade, multiversidade, megaversidade. Reflexión sobre a casa das dúas culturas cun epílogo sobre o currículum inútil.
Data de celebración: 11/10/1993
Visto:
3996
veces
Manuel Sánchez Salorio é o encargado de darlle forma á lección maxistral nesta apertura de curso especial, por ser a primeira na que se unifica este acto para as tres universidades autonómicas. O seu discurso, que el define como inútil, é un alegato ao saber e ao coidado da institución universitaria como adalid da cultura e do avance da humanidade no coñecemento.
Soan varias pezas interpretadas polo coro da USC entre a lección maxistral e o discurso do reitor.
Productora: SERVIMAV. Servizo de Medios Audiovisuais