Celebración da festividade de Santo Tomé de Aquino, patrón da universidade, no Auditorio Doctor Enrique A. González García da Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo. Abre o acto a entrada da comitiva oficial mentres o grupo vogal Cantar Delas interpreta o "Veni creator". De seguido, o reitor Juan Viaño, cede a palabra á profesora Patrocinio Morrondo Pelayo para que expoña a súa lección maxistral. A experta en patoloxía animal é a encargada neste ano 2017 de impartir a lección maxistral diante da comunidade universitaria. Tras os saúdos obrigados, comeza describindo as sensacións da honra que se lle ten concedido aquí. Inmediatamente pasa a relatar as bondades da parasitoloxía no campo da saúde durante o seu percorrido académico e investigador. fala de historia e de actualidade da citada disciplina científica. O grupo vogal Cantar Delas actúa entre a lección maxistral e o discurso do reitor interpretando o "Panis angelicus".