• Inicio
  •  »  USC TV - MEDIATECA
  •  »  Todos
  •  »  Exposicións na USC
  •  »  Exposición: Valle Inclán íntimo

Exposición: Valle Inclán íntimo

Data de celebración: 16/03/2023
Visto: 1439 veces
Colexio de Fonseca. 9 de febreiro a 1 de abril 2023

A Universidade de Santiago de Compostela promove unha nova exposición dedicada a Ramón María del Valle-Inclán. Organizada pola Cátedra Valle-Inclán, coa colaboración do Grupo de Investigación Valle-Inclán da USC e o apoio da Deputación da Coruña, o xornal La Voz de Galicia e a Xunta de Galicia, a mostra presenta en primicia o patrimonio artístico persoal do escritor a través de pinturas, esculturas, caricaturas, retratos, obxectos persoais, tipografía orixinal e mobiliario, cedidos para ocasión polos seus propietarios, tres integrantes da familia Valle-Inclán Alsina. A mostra está aberta desde o 9 de febreiro ata o 1 de abril de 2023 no Salón Artesoado e na Capela do Colexio de Fonseca.

Productora: SERVIMAV. Servizo de Medios Audiovisuais
Universidade de Santiago de Compostela
Santos Zas, Margarita
Profesora Emérita, Universidade de Santiago de Compostela
López Vázquez, José Manuel
Profesor do Departamento de Historia da Arte, Universidade de Santiago de Compostela
Valle-Inclán Alsina, Javier
Bibliotecario, Universidade de Santiago de Compostela
Gorrións entre tulipáns....
Data Evento:
06/11/2024
[+]
Gorrións entre tulipáns....
Data Evento:
06/11/2024
[+]
Investigamos na USC
Data Evento:
10/09/2024
[+]
Mesas de análisis do...
Data Evento:
16/10/2024
[+]
Investigamos na USC
Data Evento:
10/09/2024
[+]
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contacto
Powered by PumuKIT PRO V 1.70 license