O reitor da USC, Senén Barro, da a benvida aos asistentes e congresistas, e presenta ós membros da mesa presidencial, e de seguido da paso á presidenta de EDUTEC 2008, Beatriz Cebreiro. Beatriz Cebreiro comunica que este evento, igual que en edicións anteriores, sirve para reunir e comunicar á comunidade científica todas as experiencias de investigación e mellora educativa apoiadas nas TIC. Francisco Martínez, presidente de EDUTEC gratificase de estar aquí por facer a reunión na Universidade de Santiago de Compostela, una universidade de prestixio, e agraece ás institucións participativas a súa colaboración no Congreso. Salustiano Mato, presidente do CESGA, destaca a importancia de estar actualizado nas tecnoloxías da información facendo alusión ó nacemento do CESGA. A conselleira, Laura Sánchez Piñon, destaca que as TIC son esenciais no sistema educativo, pois incrementan a habilidade para relacionar contidos, para crear e para pensar. Por último o reitor da USC considera que as TIC son tamén imprescindibles na universidade