Tras unha breve presentación dos contidos e obxectivos deste taller por parte da vicerreitora de Investigación e Innovación da USC, Isabel Rodríguez-Moldes, e uns breves apuntamentos dados por María Isabel Casal Rey, directora da Biblioteca Universitaria, a editora de Springer, Nathalie Jacobs desenvolve a súa disertación sobre a investigación científica e a publicación dos artigos, breefs e libros que os investigadores están dispostos a lanzar ao mercado. Ó final da charla ábrese un turno de preguntas para aclarar dúbidas e debatir sobre os distintos puntos expostos.