Abre o acto o reitor da USC, Juan Casares Long, presentando a todolos membros da mesa oficial da conferencia. Inmediatamente pasa a facer a súa intervención, congratulándose da gran expectación e asistencia por parte do público. Tamén felicita a este programa científico pola súa resonancia internacional no ámbito académico. Cédelle a palabra ó profesor Jorge Mira Pérez.