O profesor mexicano Raúl Trejo Delarbre comeza cunha lingüaxe moi simbólica para situar á sociedade da información nun plano realista dende unha perspectiva nin eufórica nin oscurantista. Fai un diagnótico dos puntos ou problemas que ten ante si a investigación no campo da información e da comunicación. O primeiro é a velociadade da transformación, o segundo é a falta de profundización na experiencia personal á hora de investigar; unha producción intelectual excesiva con respecto ós temas sensibles deste campo, a falta de escuelas de pensamiento a pesar de esta abundancia de información intelectual, a liberdade de selección no consumo segmenta a demanda por parte dos consumidores e isto debe ser entendido. Este e outros puntos fan un repaso somero dos problemas que Raúl Trejo analiza como básicos no tratamento presente por parte dos investigadores e profesionais dos medias. Conclúe que afrontando estes temas que expuxo avanzaremos na construcción dunha sociedade da argumentación e da deliberación.