A segunda en intervir na sesión é María Corominas Piulats, que fai unha reflexión acerca das verbas do anterior conferenciante e recorda a Daniel E. Johns para introducir o tema das investigacións sobre a comunicación. A primeira reflexión importante que fai parte da idea de que non existen os sesenta anos de investigación, se non trintaecinco. Fai unha análise da evolución dos medios e a súa pegada no ambito da investigación. Tamén fai un repaso das políticas de comunicación e como se reflicte no avance da profesión e da investigación do sector.