• Inicio
  •  »  USC TV - MEDIATECA
  •  »  Todos
  •  »  XVIII Congreso CEHA.
  •  »  Pluralidade e unidade do arte español.

Pluralidade e unidade do arte español.

Data de celebración: 20/09/2010
Visto: 4282 veces

O historiador do arte Anotnio Bonet, nunha hora continuada de exposición, repasa algúns conceptos básicos da historia da arte, non sen antes falar da súa experiencia académica e do legado deixado por todos os colegas de profesión, cun especial recordo para os mortos durante o último ano. A partir deste recordo vaise adentrando en materia, suxerindo os puntos relevantes da metahistoria da historia da arte. Profundiza, ao mesmo tempo que expón, nunha visión filosófica da humanidade e do papel da historia do arte dentro desta idea intelectual da nosa especie. Tradición, arte conceptual, símbolos, método analítico, son conceptos que van tecendo un discurso anárquico pero cheo de información de valor. Na parte final do seu discurso, Antonio Bonet Correa, fai unha análise somero da realidade artística-histórica da área hispánica, con todo o que este concepto abrangue. O moderador da conferencia despide a conferencia inaugural non sen antes encomendar aos participantes ás seguintes citas do congreso.

Productora: SERVIMAV. Servizo de Medios Audiovisuais
Universidade de Santiago de Compostela
Fernández Castiñeiras, Enrique
Director do Departamento de Historia da Arte da USC
Bonet Correa, Antonio
Profesor de Historia do Arte da Universidad Complutense de Madrid
Mesas de análisis do...
Data Evento:
24/09/2024
[+]
Acto Académico de Apertura...
Data Evento:
23/09/2024
[+]
Mesas de análisis do...
Data Evento:
10/09/2024
[+]
Programa ConCiencia 2024. Klaus...
Data Evento:
12/09/2024
[+]
Investidura Doctores Honoris...
Data Evento:
22/05/2024
[+]
Mesas de análisis do...
Data Evento:
21/04/2024
[+]
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contacto
Powered by PumuKIT PRO V 1.70 license