• Inicio
  •  »  USC TV - MEDIATECA
  •  »  Todos
  •  »  Obradoiro de nanomedicina.
  •  »  Retos e perspectivas en nano-oncoloxía: unha visión experimental.

Retos e perspectivas en nano-oncoloxía: unha visión experimental.

Data de celebración: 10/12/2012
Visto: 3512 veces

O cancro é unha das causas principais da morte e unha das patoloxías con mais impacto social no mundo occidental. A pesar da cantidade de coñecementos recopilados sobre a bioloxía do cancro e mentras se fan avances importantes na superación doutras patoloxías son levadas a cabo, a mortandade global por cancro a penas descendeu nas últimas décadas. Neste contexto, a nano-oncoloxía, ou nanotecnoloxía aplicada á oncoloxía, xurde como unha disciplina prometedora no desenvolvemento de novas ferramentas de diagnóstico, así como un axente terapéutico totalmente novo de alta efectividade. As actuais terapias contra o cancro están limitadas a cirurxía, radiación e quimioterapia, métodos que poden danar os tecidos normais, e as veces causan erradicacións incompletas dos tumores e esta mais que provado a súa ineficacia coas enfermidades metastásicas. Así, a nano-oncoloxía ofrece os medios para levar a cabo terapias directa e selectivamente nas células canceríxenas, tanto en tumores primarios como en zonas de extensión de metástasis. Dende a perspectiva dun laboratoio de oncoloxía experimental, esta conferencia pode alumear o camiño das oportunidades e retos das ferramentas baseadas en anotecnoloxías para o tratamento do cancro, aporta exemplos de como as nanocargas alteras as propiedades biolóxicas das terapias previamente usadas e ofrece exemplos da nosa experiencia evaluando cas posibilidadaes do nanotratamento.

Productora: SERVIMAV. Servizo de Medios Audiovisuais
Universidade de Santiago de Compostela
Vidal Figueroa, Anxo
Profesor da Facultade de Medicina e Odontoloxía da USC
Mesas de análisis do...
Data Evento:
24/09/2024
[+]
Acto Académico de Apertura...
Data Evento:
23/09/2024
[+]
Mesas de análisis do...
Data Evento:
10/09/2024
[+]
Programa ConCiencia 2024. Klaus...
Data Evento:
12/09/2024
[+]
Investidura Doctores Honoris...
Data Evento:
22/05/2024
[+]
Mesas de análisis do...
Data Evento:
21/04/2024
[+]
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contacto
Powered by PumuKIT PRO V 1.70 license