• Inicio
  •  »  USC TV - MEDIATECA
  •  »  Todos
  •  »  Xornadas Formativas de Verán.
  •  »  Emprendemento azul.

Emprendemento azul.

Data de celebración: 15/06/2016
Visto: 4456 veces

Modera esta mesa Marta Francisca Pérez Pérez. A mesa divide entres subseccións: emprendemento verde, emprendemento azul e emprendemento laranxa. Explica a súa procedencia e traxectoria profesional respecto da creación de empresas ata chegar á dirección de Valnalón. O emprendemento verde representa ao traballo en equipo. Neste apartado falan, primeiro Ana Belén Vázquez Pardal do Foro Ecolóxico, e inmediatamente despois Chus Paz de Agroverde. Ana Belén Vázquez Pardal fala sobre a organización sen ánimo de lucro á que representa e ao seu traballo no ámbito da agricultura ecolóxica e doutras disciplinas didácticas, divulgativas e participativas orientadas á sostibilidade e ó respeto á natureza. Chus Paz Vizcaya, enxeñeira técnica agrícola, ven falar de Agroverde e da súa experiencia no mundo da agricultura ecolóxica. Rolda de preguntas para o emprendemento verde. O emprendemento azul representa a asunción de riscos da iniciativa empresarial. Sandra Amézaga é a primeira en falar dos riscos no momento da creación da súa empresa, Shwe Mare. En segundo turno fala Idoia Cuesta, que ten unha empresa de cestería contemporánea, e sobre esta experiencia fai unha exposición clara e sinalando os fitos máis destacables. Ábrese unha rolda de preguntas sobre esta sección da mesa. O emprendemento laranxa é o que transforma de ideas creativas en bens e servizos de alto valor engadido. Primeiro fala María Magán Lampón, quen fala de La Doce, unha galería de arte. Despois Nora e Elena analizan a súa traxectoria ao fronte da empresa de deseño de interior En Las Nubes. Por úlitmo , Sonia Lebedynski Diéguez expón os pormenores da súa iniciativa de impulsar o emprendemento dende a escola. Ao finalizar as exposicións ábrese o turno de preguntas para o emprendemento laranxa.

Productora: SERVIMAV. Servizo de Medios Audiovisuais
Universidade de Santiago de Compostela
Pérez Pérez, María Francisca
Directora de Valnalón
Amézaga Menéndez, Sandra
Shwe Mare
Cuesta Alonso, Idoia
Cestería contemporánea
Gorrións entre tulipáns....
Data Evento:
06/11/2024
[+]
Gorrións entre tulipáns....
Data Evento:
06/11/2024
[+]
Investigamos na USC
Data Evento:
10/09/2024
[+]
Mesas de análisis do...
Data Evento:
16/10/2024
[+]
Investigamos na USC
Data Evento:
10/09/2024
[+]
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contacto
Powered by PumuKIT PRO V 1.70 license