O obxectivo nesta cuarta edición e ofrecer aos alumnos a posibilidade de mellorar a súa preparación para afrontar a súa entrada ao mundo profesional. Búscase crear espazos de encontro entre o mundo universitario e o profesional con dous fins: por un lado, que o noso alumnado poida realizar un primeiro achegamento ás empresas e, por outro, que as empresas coñezan o enorme talento que temos nas nosas aulas. A través de comunicacións e presentacións en público os participantes coñecen e relaciónanse con outros candidatos nunha situación distendida en bares de Santiago de Compostela.