• Inicio
  •  »  USC TV - MEDIATECA
  •  »  Todos
  •  »  Acto de entrega das Insignias Fonseca 2022
  •  »  Apertura do Acto e entrega das Insignias Fonseca

Apertura do Acto e entrega das Insignias Fonseca

Data de celebración: 22/12/2022
Visto: 842 veces

Un total de 313 integrantes do cadro de persoal da USC recibiron este xoves 22 a imposición da Insignia Fonseca coa que a Universidade recoñece as traballadoras e traballadores que prestaron servizos á institución universitaria, durante máis de 30 anos en dedicación exclusiva ou por tempo equivalente a ela. O acto institucional presidido polo reitor Antonio López e que se desenvolveu no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia serviu para outorgar as Insignias correspondentes aos cursos 2019-2020, 2020-2021 e 2022-2023. Manuel Boquete Botana interveu en nome do Persoal de Administración e Servizos da USC, mentres que Emilio V. Carral Vilariño e Dolores Vilavedra Fernández fixérono en representación do profesorado dos campus de Lugo e Santiago. Este ano reciben a insignia o reitor D. Antonio López, a Secretaria Xeral Mª Dulce García Mella e o Xerente D. Javier Ferreira.

Productora: SERVIMAV. Servizo de Medios Audiovisuais
Universidade de Santiago de Compostela
López Díaz, Antonio
Reitor Mgfco. da Universidade de Santiago de Compostela
García Mella, Dulce Mª
Secretaria Xeral, USC
Gorrións entre tulipáns....
Data Evento:
06/11/2024
[+]
Gorrións entre tulipáns....
Data Evento:
06/11/2024
[+]
Investigamos na USC
Data Evento:
10/09/2024
[+]
Mesas de análisis do...
Data Evento:
16/10/2024
[+]
Investigamos na USC
Data Evento:
10/09/2024
[+]
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contacto
Powered by PumuKIT PRO V 1.70 license