Proxectos de investigación financiados pola Cátedra do Camiño de Santiago e das Peregrinacións. Os seus fundadores elixiron, no século XII, para o priorado de Santa María, un lugar extramuros, pero próximo a ela, situado nun meandro do río Sar e xunto á vía pública que viña do sur e entraba no cidade pola Porta de Mazarelos despois de cruzar o río por unha ponte de orixe medieval que aínda hoxe utilizamos. Este camiño é tamén o último tramo do Camiño de Santiago do Suroeste que aproveitaba a Vía da Prata romana para levar a Compostela os peregrinos do sur peninsular. Santa María de Sar preséntase así aos viaxeiros como a última parada do Camiño antes de entrar na antiga muralla camiño da Catedral.