• Inicio
  •  »  USC TV - MEDIATECA
  •  »  Todos
  •  »  FALAMOS CON...
  •  »  T 2. FALAMOS CON... María Ángeles Sandar Picado (Capítulo 6)

T 2. FALAMOS CON... María Ángeles Sandar Picado (Capítulo 6)

Data de celebración: 25/10/2023
Visto: 1239 veces

FALAMOS CON… é unha miniserie documental dedicada a persoas que pola súa implicación académica-docente, científica-investigadora, profesional, de xestión administrativa e servizos contribúen ao avance e modernización da Institución universitaria. Co testemuño das protagonistas constrúese un retrato poliédrico do personaxe, a súa traxectoria vital e humana. Unha viaxe entrañable ás súas raíces, á orixe familiar, á infancia e escolarización, aos anos de mocidade e contexto da súa Formación Superior, a súa dedicación á Universidade e ao recoñecemento social. Comeza a Segunda Temporada do programa co Capítulo 6, dedicado a María Ángeles Sandar Picado, Directora do Servizo de Vixilancia da Saúde da Universidade de Santiago de Compostela dende o ano 2013. Unha andaina que comezou no 2004, dende o Campus Terra de Lugo. Unha vida profesional dedicada á Medicina de Empresa e do Traballo, nunha contorna onde os pacientes son persoas próximas, compañeiros traballadores na mesma empresa. Polo seu traballo na universidade compostelá gustaríalle ser lembrada “como un médico que se esforzou moito en todo ou que fixo…. e, sobre todo, un médico honesto que quixo estar ou lado do seu pacientes”.

Productora: SERVIMAV. Servizo de Medios Audiovisuais
Universidade de Santiago de Compostela
Sandar Picado, María Ángeles
Directora do Servizo de Vixilancia da Saúde, Universidade de Santiago de Compostela
Gorrións entre tulipáns....
Data Evento:
06/11/2024
[+]
Gorrións entre tulipáns....
Data Evento:
06/11/2024
[+]
Investigamos na USC
Data Evento:
10/09/2024
[+]
Mesas de análisis do...
Data Evento:
16/10/2024
[+]
Investigamos na USC
Data Evento:
10/09/2024
[+]
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contacto
Powered by PumuKIT PRO V 1.70 license