A compañía Murmuios adapta o texto do controvertido autor almeriense Agustín Gómez-Arcos, censurado polo franquismo e exiliado voluntariamente en Francia. Nesta peza recorre a un universo surreal, futurista, para crear un guiñol. É unha obra metareal: o cadáver da señora Smith chega ao ceo cun afán imperialista, acompañada polo seu canciño parlante e o seu gigoló.
Productora: SERVIMAV. Servizo de Medios Audiovisuais