Miguel Fernández Refojo abre a quenda de lectura das leccións doutorais tras a presentación por parte do seu padriño. Faino misturando castelán e galego para referirse a algúns dos aspectos da súa especialidade médica, os polímeros sintéticos. Sinala que o traballo interdisciplinar favorece a mellora no campo tecnolóxico en pro da mediciña e de calquera campo ó que afecte a dita investigación. Ademáis repasa algúns dos campos ós que afectan o avance no desenvolvemento de polímeros sintéticos.