Elizabeth Cowie comeza a súa intervención agradecendo a invitación e o traballo de todos os participantes neste congreso. Tamén se desculpa por ter que falar en inglés. A temática inicial do seu discurso xira arredor do documental, as súas características e especificidades. Mentres desenvolve as súas ideas vai exemplificacndo con algunhas das obras documentais da historia do cinema, chegando incluso a poñer algún anaco de documental para reforzar as súas explicacións.