Josep Gifreu i Pinsachs, profesor catalán da Universitat Pompeu Fabra de Barcelona, abre o seu tempo falando do discurso realizado durante a ceremonia dos Premios Nobel de 2005 polo escritor Harold Pinter. O escritor británico desplegou un discurso filosófico sobre os conceptos verdade e mentira e o relativismo que supoñen estes conceptos. O profesor Gifreu desenvolve a idea aportada por Pinter para referirse á verdade e mentira que circula dende os medios de comunicación ata os cidadáns, as entidades que os manexan e a manipulación da información como método comercial e contenedor do poder. Dende o big brother de George Orwell na súa novela "1984" ata a realidade política actual, co neoliberalismo en pleno funcionamento e cos cambios tecnolóxicos que estamos vivindo, Josep Gifreu fasi unha análise profunda do papel dos medios con respecto da imaxe e información sobre o poder e os seus membros, sobre a excesiva vixilancia á que estamos sometidos.