O profesor de Economía Financieira e Contabilidade, Manuel Gómez Díaz, advirte que a vida cambia exponencialmente, polo que pode ocurrir que cando se topa cun modelo axeitado, éste xa non sirva, pois estamos nun mundo rexido pola mutabilidade e a incertidumbre. Por iso necesitamos esquemas capaces de reflexar os fenómenos reais. O home precisa para que as súas decisións teñan algún fundamento racional, a posibilidade de realizar previsións para un futuro máis ou menos longo, pero o previnismo non é adaptable na aventura humana das empresas e das nacións. Na Economía é necesario relevar os coñecementos sagrados das leis certas que describen un mundo estable e poñer no seu lugar unha racionalidade emerxente que baseada na inestabilidade conduce á incertidumbre. A Teoría dos Subconxuntos Borrosos está adaptada o tratamento riguroso do suxjetivo e incerto, constituindo unha nova lóxica. É un paso ó achegamento entre a presición das matemáticas clásicas e a sutíl imprecisión real. O profesor Manuel Gómez Díaz remata a súa Lección anunciando a incorporación do estudio da "Teoría dos Subconxuntos Borrosos" en dúas das asignaturas que se imparten na Escola Universitaria de Estudios Empresariais de Lugo.