Dentro do Programa "A Ponte" máis de 3600 estudantes de 63 centros de ensino medio de toda Galicia visitaron os Campus de Santiago de Compostela e Lugo,varios días do mes de febreiro. Esta actividade forma parte dos "Encontros do Ensino Medio e da USC". Nestas actividades participan estudantes de bacharelato e Ciclos Formativos para achegalos aos diferentes estudos que se ofertan na USC. Visitando instalacións como aulas, laboratorios, bibliotecas ou residencias universitarias.