Abre o acto o reitor da USC, Senén Barro Ameneiro. Comeza cos lóxicos agradecementos. Fai especial fincapé en agradecerlle o seu esforzo o profesor Jorge Mira Pérez. Na parte central da súa intervención explica algúns aspectos das circunstancias que rodean á investigación científica, os seus beneficios e a súa necesidade dentro do ámbito universitario. Remata a súa intervención falando da necesidade de frear o brain-draining e de inverter esa tendencia para atraer ás figuras científicas do presente e do futuro á nosa universidade.