Jorge Mira Pérez incia a súa intervención facendo un breve repaso dos actos futuros dentro do marco do Programa ConCiencia. A continuación comeza un breve repaso á vida e obra do científico Albert Fert. Ademais, introduce o tema central da conferencia do francés, a magnetorresistencia. Consegue así situar a todolos asistentes á conferencia nos termos a tratar. No medio desta presentación aproveita para anunciar unha reunión sobre espintrónica de ámbito estatal chamada Spaintrónica. Para finalizar volve a realizar os obligados agradecementos a todos os colaboradores. Un alumno de física da USC lle entrega unha camiseta a Albert Fert como agasallo pola súa presencia en Santiago de Compostela.