Abre o acto o reitor saudando a todolos presentes e dando algúns datos sobre o que se celebra. Fala misturando inglés e galego por deferencia a todolos presentes. Describe o premio e os motivos que os levaron a entregarllo a Mohamed El Baradei. O seguinte en tomar a palabra é José Alberto Díez de Castro, que fala do Grupo Compostela de Universidades, das súas orixes e dos seus obxetivos. A cooperación académica e científica é o fin primordial desta organización internacional.