O último panelista da mesa redonda é o Presidente de JEUNE, Eduardo Royo Cosano, que é unha asociación de xóvenes empresarios europeos, comeza a súa intervención falando sobre a organización que preside e o seu funcionamento. Inmediatamente despois relata as inquietudes que dende o sector dos empresarios máis novos se poden trasladar a un grupo como o reunido nestas xornadas. A capacitación dos estudiantes nas universidades é dende o seu punto de vista o máis importante; fai unha crítica sobre o actual sistema educativo, dende a escola primaria e secundaria ata a universidade, e de como a capacitación é degradada en favor de unha conxunción dos niveis de entendemento á baixa. Tamén fala da transeferencia de tecnoloxía, da boa materia prima que se produce neste ámbito tanto a nivel estatal como europeo, e da falta de capacidade para realizar a transformación desas publicacións en tecnoloxía real, a incapacidade para levar a cabo a transferencia de tecnoloxía.