Juan Casares Long é o encargado de romper o xeo, como reitor da USC. Cédelle a palabra ao organizador deste congreso, Carlos Barros Guimeiráns, que é o encargado de facer o primeiro agradecemento e comezar a situar a temática do congreso. O segundo en falar é Ignacio Santos Cidrás, Xerente do Xacobeo para a Xunta de Galicia, que subliña a importancia e a relevancia da historia para a cidade de Santiago, e máis aínda nun ano xacobeo. O reitor, na súa intervención final fai fincapé na importancia do estudo da historia e da vitalidade que require un proceso organizador como o levado a cabo polos responsablñes deste evento. Fai a súa presentación en galego e en inglés para facilitar a comprensión.