Celebración da festividade de Santo Tomás de Aquino, patrón da Universidade, na Facultad de Ciencias do campus de Lugo. Abre o acto a entrada da comitiva oficial mentres o coro da USC ameniza coas súas voces. De seguido, o reitor Dario Villanueva Prieto, inaugura as quendas de palabra cunha breve presentación e dando paso á lección maxistral a cargo de Carlos Álvarez López. O titulo da lección maxistral, "Enxeñería de proxectos: unha forma de pensar e tomar decisións", afonda na realidade dos alumnos e da escola de enxeñería de proxectos, onde estes estudiantes deben desenvolver a facultade creativa a partir dos coñecementos adquiridos. A necesidade e beneficios dun centro deste tipo, no que o rendemento de todos os enxeñeiros sexa o máis óptimo: agrónomos, forestales...todos teñen espazo para desenvolver as súas ideas e proxectalas en feitos mensurables. Peza cantada polo coro da USC.