• Inicio
  •  »  USC TV - MEDIATECA
  •  »  Todos
  •  »  Congreso Internacional da IPA 2010.
  •  »  Intervención de Masatoshi Takeda.

Intervención de Masatoshi Takeda.

Data de celebración: 24/09/2010
Visto: 4162 veces

O reitor da USC, Juan Casares Long, fai unha breve presentación do acto e cédelle a palabra en primeiro lugar ao profesor Manuel Franco martín. O profesor da Universidad de Salamanaca fai un agradecemento a todos os que acudiron á cita, á cidade de Santiago e á USC pola súa acollida. Tamén ten palabra s para agradecer a oportunidade de organizar este evento. O outro organizador do congreso, Raimundo Mateos, toma a palabra para extender os agradecementos iniciados polo seu co-organizador. O presidente da IPA, o xaponés Masatoshi Takeda agradece o esforzo levado a cabo polos organizadores e sinala o orgullo de presidir unha insitución que leva 28 anos facendo unha labor tan estimable. Coro Piñeiro Vázquez fala do orgullo de presentar este congreso e de acollelo na nosa terra. Sinala algúns puntos máis importantes do traballo en Galicia con respecto aos nosos maiores. Juan Casares Long pecha o turno de intervencións da mesa agradecendo tamén a labor de todos os oimplicados na organización deste evento. Fai unha persoal descrición da cidade de Santiago e da vida dos maiores nela. Raimundo Mateos presenta ao primeiro conferenciante deste evento, quen pecha coa súa disertación o acto de inauguración. Martin Prince analiza a figura de Raymond Levy, dos seus achádegos e do impacto que deixou na profesión que lles atinxe. A continuación analiza o traballo que teñen realizado en todo o mundo sobre desordes mentais e sobre os maiores e os seus coidados e prevención de enfermidades mentais.

Productora: SERVIMAV. Servizo de Medios Audiovisuais
Universidade de Santiago de Compostela
Takeda, Masatoshi
Presidente da I.P.A.(International Psychogeriatric Association)
Gorrións entre tulipáns....
Data Evento:
06/11/2024
[+]
Gorrións entre tulipáns....
Data Evento:
06/11/2024
[+]
Investigamos na USC
Data Evento:
10/09/2024
[+]
Mesas de análisis do...
Data Evento:
16/10/2024
[+]
Investigamos na USC
Data Evento:
10/09/2024
[+]
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contacto
Powered by PumuKIT PRO V 1.70 license