As universidades españolas. Unha perspectiva autonómica. 2016
Presentación do Informe CYD que estuda datos de 69 universidades españolas con un total de 1.741 titulacións pertencentes a 17 áreas ou ámbitos de coñecemento diferentes.
Segundo este estudo, a USC mantense entre as universidades públicas españolas con mellor taxa de rendemento nos eidos da investigación e transferencia de coñecemento, no que atinxe a concesións de patentes, ingresos por licenzas, publicacións interdisciplinares e internacionais, así como en captación e liquidación de fondos.
Productora: SERVIMAV. Servizo de Medios Audiovisuais