Vivimos o impacto dunha pandemia que está a causar unha perda irreparable en vidas humanas e cun custo social e económico enorme, cuxo alcance é incerto. Facer fronte ao que poida vir mañá supón actuar xa, desde o coñecemento e a tecnoloxía, e sen que a incerteza atenace a acción que require enfrontarmos ao drama e á crise colectiva máis grandes deste século. Con esta idea iniciamos un ciclo de encontros online que reunirá ao longo das próximas semanas a expertos nacionais e estranxeiros para abordar os temas máis relevantes no contexto da crise á que nos enfrontamos: a recuperación económica, a renda básica, o futuro do traballo, a intelixencia artificial fronte á pandemia, os dereitos fundamentais e a protección de datos persoais, a automatización e a dixitalización, o futuro dos ODS 2030, entre outros. Decidimos realizar as sesións ás 19 horas de España, para facilitar a participación desde América Latina