A sesión presidida polo reitor Antonio López e que non puido celebrarse con anterioridade por mor das restricións sanitarias derivadas da pandemia, contou tamén co relatorio ‘O Carvalho de cen ponlas’, no que a profesora da Facultade de Humanidades, Carmen Blanco, definiu o profesor Carvalho como “un sabio egrexio do século XX imposible de coñecer dende posicións dogmáticas e reducionistas”. O profesor Francisco Cidrás subliñou que o volume editado pola USC co gallo do Día das Letras Galegas 2020, salienta a figura do “Carvalho cívico, aquel ao que nada relacionado con Galiza e co galego o deixaba indiferente nin lle resultaba alleo”. A obra que recolle contribucións significativas sobre a figura poliédrica que conformaba o profesor Carvalho.