Margarette Rudzki, encargada de abrir o turno de intervencións, fai unha viaxe pola organización interna e externa da institución Eurochambres; os seus mecanismos de actuación, colaboracións coas institucións educativas e a orientación emprendedora das iniciativas que axudan a desenvolver. Tamén sinala algúns dos problemas que teñen os países europeos á hora de xerar unha boa sinerxia entre o mundo dos negocios empresarias e o ámbito universitario: problemas de carácter legal que frenan as posibles iniciativas dende o mundo externo ó académico, a dificultade para atraer ou reter o talento ás universidades impiden un máis fructífero desenvolvemento de iniciativas no campo científico. Pon algún exemplo práctico no que traballaron para explicar o exposto e facilitar a comprensión do seu punto de vista. Remata a intervención facendo un chiste que leva implícita certo grado de realidade sobre a actitude displicente dos profesores con respecto do seu labor académico, e faino para sinalar que a transformación do papel do profesor é básica no novo rol emprendedor das universidades.