O investigador Ginés Morata Pérez abre a súa intervención facendo un unha mención ao futuro inmediato da investigación bioloxica; así, refírese ao novo espíritu humano de tratar de coñecer todo sobre o seu propio significado orgánico e xenético. Pouco a pouco vaíse achegando ás estructuras humanas e animais, e introducindo notas históricas da investigación dos científicos especializados nestas áreas. Dende as investigacións dos premios Nobel Watson y Crick, descubridores da estructura do ADN, fai entender a importancia actual da investigación xenética para comprender o pasado, a evolución e o futuro do ser humano. O investigador andaluz remata describindo unha visión do futuro da vida, baseándose nos avances do mundo científico, impredecible e moi manipulable.