Comeza a súa disertación o profesor Ángel Luis Hueso Montón facendo unha reflexión de como chegaron a escoller a evolución da técnica cinematográfica como tema para facer unha charla sobre esta industria en relación á teoría de Darwin. A faceta da evolución técnica, non solo no cinema, si non en calquera tipo de industria depende da comercialidade, do éxito comercial. Pouco a pouco vaise introducindo nas distintas fases ou chaves da evolución da técnica cinematográfica. A técnica ten sempre un carácter finalista, esto é, debe utilizarse cun fin beneficioso para a construcción cinematográfica. Para facer máis fácil de dixerir os conceptos desta evolución o profesor Luis Hueso vai suministrando ós asistentes unha serie de exemplos audiovisuais que dan conta do progreso da técnica cinematográfica co transcurrer dos anos. Melies, Murnau, Arnold, Kubrick, los hermanos Wachowsky son algúns dos persoeiros encargados de dar pasos a prol dun enriquecemento da técnica do cine e da súa lingüaxe.